03 Jul, 2017

A PROBLEMÁTICA DA SEPARACIÓN DE FEITO E OS DEREITOS SUCESORIOS

a-problematica-da-separacion-de-feito-e-os-dereitos-sucesorios-1920O artigo 945 do Código Civil dispón que  “non terá lugar o chamamento ao que se refire o artigo 944 do CC (sucesión polo coniuxe viudo), si o coniuxe estivera separado xudicialmente ou de feito”, termos similares ao que establece o artigo 230 da Lei 2/06 de 14 de xuño, de Dereito Civil de Galicia. En consecuencia, para o caso de que conste fehacentemente unha separación de feito entre os coniuxes, sen necesidade de que sexa por sentenza xudicial, é causa suficiente para non ter dereito algún a esposa na herdanza do coniuxe viudo.

Si ben a mera separación física dos coniuxes non significa necesariamente que se trate dunha separación de feito, sinalando que por separación de feito debe equipararse a cesación definitiva da vida en común, requirindo unha proba inequívoca da vontade dos coniuxes de por fin á convivencia conxugal, carga de proba que corresponde a quen alega dita situación.

Recentemente tivemos a ocasión de intervir nun asunto no que se interesaba a declaración como herdeira universal da irmá do difunto en vez da súa esposa, coa que levaba separada fisicamente máis de 13 anos, dictándose Sentenza polo Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 2 de Vilalba, acollendo as nosas pretensións, desestimando a demanda presentada de adverso, ao establecer que a separación física non é suficiente para considerar que exista unha separación de feito, senón que debe existir unha vontade clara por parte de algún dos coniuxes de separación ou de ruptura do vínculo matrimonial, coa consecuente desaparición da “afectio maritalis”.

Podes acceder á sentenza completa aquí.

                MANUEL SILVA GARCÍA

Avogado especialista en Dereito de Familia

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Trackback URL: http://foroavogados.com/problematica-da-separacion-de-feito-e-os-dereitos-sucesorios/trackback/

Deixe un comentario: