25 Apr, 2017

O Xulgado do Social nº 3 de Lugo dicta sentenza favorable por despido nulo e indemnización

Sentenza Xulgado Lugo despido nulo 1920

O Xulgado do Social nº 3 de Lugo, nun asunto no que intervíu o  noso despacho, ditou recentemente unha sentenza en materia de despedimento nulo por acoso laboral e indemnización de danos e prexuizos. Cómpre destacar da mesma os seguintes aspectos máis relevantes da súa fundamentación:  considera que o despedimento dunha traballadora que ven sendo sometida a un continuo acoso laboral, consistente en denegación de todos os seus direitos laborais, sobre todo en materia de conciliación familiar e laboral, conleva a nulidade do mesmo, así como o dereito a unha indemnización de danos e prexuizos que neste caso se calcula a partir da soldada diaria, cun importe dun ano de soldadas, polos danos morais padecidos, tendo en conta a especial protección do dereito á conciliación familiar e laboral que existe na recente xurisprudencia nacional e europea.

Para consultar esta sentenza pincha aquí.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Trackback URL: http://foroavogados.com/o-xulgado-social-no-3-de-lugo-dicta-sentenza-favorable-por-despido-nulo-e-indemnizacion/trackback/

Deixe un comentario: