foro@foroavogados.gal +34 982 24 18 49

A FIRMA

FORO AVOGADOS  é unha firma galega de servicios legales que asesora e defende aos seus cliente en diferentes áreas de práctica, exercendo a sua actividade principalmente en Galicia, e tamén nos restantes territorios do Estado Español, da Unión Europea e América Latina.

O noso equipo está formado por avogados altamente preparados en diversas disciplinas xurídicas, cunha dirección única e en constante proceso de formación e especialización.

O noso modelo de DESPACHO parte dunha tradición de servicio aos nosos clientes, baseada no estudo e comprensión de cada problema e no traballo riguroso para a sua SOLUCIÓN, principios que inspiraron a sua fundación e rixen hoxe en día o noso traballo diario.

HISTORIA

FORO AVOGADOS LUGO S.C.P. foi fundada o día 1 de xuño de 1989, polos actuais socios Xosé Manuel Fernández Varela e Alberte X. Rodríguez Feixóo.

Dende o seu nacimento, e por mor da filosofía que inspira o despacho, estivo inmerso nun continuo proceso de expansión e modernización que o levou a abarcar a práctica de diversos ámbitos do dereito, e completar un equipo humano altamente especializado, á altura da complexidade propia do exercicio da avogacía na sociedade actual.

As dependencias da firma estiveron establecidas inicialmente no número 7 da rúa de Quiroga Ballesteros, no centro murado da cidade de Lugo (1989-1993), posteriormente no número 4 da mesma rúa (1993-2001), ocupando na actualidade tres pisos na segunda e terceira planta dun emblemático edificio sito no número 193 da Ronda da Muralla desta cidade.

FILOSOFÍA DE TRABALLO

FORO AVOGADOS LUGO S.C.P. ten como máximas no seu traballo un tratamento riguroso dos asuntos encomendados, unha atención personalizada e especializada, e a procura dunha SOLUCIÓN axeitada, garantindo en cada momento un clima de confianza dos nosos clientes co despacho e de plena implicación deste en cada problema humano subxacente nas relacións xurídicas.

Desenvolvemos a nosa labor prestando os nosos servizos a grandes entidades de distintos sectores económicos e diversos colectivos profesionais, así como a tódalas persoas que, tradicionalmente, teñen a ben outorgarnos a súa confianza para obter o noso consello, asesoramento e defensa xurídica nas súas diversas vertentes, procurando a excelencia na calidade, calquera que sexa o tipo de cliente e/ou problema ou conflicto no que intervimos.

Sin prexuicio do tratamento en equipo e/ou de carácter multidisciplinar, cando as necesidades o requiren, cada asunto ao noso cargo é asignado a un dos nosos letrados en función da materia a tratar, garantindo deste xeito unha atención especializada dende as distintas seccións xurídicas da firma.

Son preocupacións constantes de FORO AVOGADOS a realidade social e lingüística en que nos atopamos, o que nos levou a un uso e promoción constante da lingua propia de Galiza en tódolos nosos ámbitos de actuación; e doutra, a unha procura do millor desenvolvemento e aplicación das nosas institucións xurídicas, mediante a cooperación en diversos ámbitos científicos e culturais, e a colaboración con diversas publicacións especializadas.

Para todo iso FORO AVOGADOS conta cunha ampla equipa de profesionais, procurando a súa especialización e formación continua, e cun equipamento tecnolóxico acorde cos tempos, o que nos permite desenvolver o noso traballo dun xeito máis eficaz e competitivo.